Site icon Crónica3.com A Mariña

Rodas pide “cotas dignas” para a flota da volanta galega

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2015.- O parlamentario do BNG, Daniel Rodas formulou este martes unha pregunta na Comisión de Pesca relativa as medidas adoptadas pola Xunta para resolver os problemas derivados das cotas da flota da volanta que captura pescada.

O deputado explicou que un grupo de armadores e patróns da flota da volanta reclamaron un novo modelo pesqueiro que lles permita traballar, “con dereitos de capturas razoables” e sen “sentir que desenvolven unha actividade ilegal” ao ser continuamente inspeccionados e controlados polos distintos corpos de seguridade do Estado.
O deputado do BNG tamén lembrou que durante unha semana os armadores e representantes do sector permaneceron acampados durante unha semana fronte San Caetano para reivindicar solucións e unha reunión coa conselleira do Mar.

O director xeral de pesca recoñece que as cotas son “escasas”
Pola súa parte, o director Xeral de Pesca, Juan Carlos Maneiro respondeu ao deputado que, “ o reparto e lineal en función dos buques e tripulantes” e isto foi acordado polo representantes da flota da volanta co Ministerio pero recoñeceu que existe “unha diferenza de pareceres no sector”. Maneiro tamén recoñeceu que a cota é “escasa”, pero defendeu que é o mellor modelo porque permiten a rendibilidade das embarcacións. Sobre as multas a armadores, cuestión suscitada polo deputado BNG, Maneiro amparouse nas infraccións para xustificar as multas.

Rodas denuncia “coaccións” de Mar ao sector
Na réplica, o deputado do BNG denunciou as “coaccións” da consellería de Mar a un armador para conseguir a súa sinatura nunha declaración, “xa está ben de mentir e botarlle a culpa ao sector”, remarcou Rodas.
Co reparto lineal, dixo , “non necesitamos a este Goberno”, cunha cota de 33,5 toneladas de media cando precisan 100 u 120 toneladas e por riba ven a dicir ao Parlamento que o sector non sabe xestionar as cotas. Vostede é o responsable do modelo individual delimitando os días máximos en 114 días “sen ningunha alternativa” pero só regularon a pescada, e o resto?, preguntou o parlamentario do BNG.

Mar aboca ao sector a mercar cotas para sobrevivir
Ademais culpabilizou ao director xeral do modelo de “trasbase de cotas” que o sector rexeita porque de consolidarse este sistema verase obrigado a “comprar a cota”. A Comisión europea presentou dúas opcións, explicou Rodas, reducir os días de actividade ou o despezamento e vostede apostaron polo segundo, vostede, dixo, “obriga a flota a despezar” a comprar cotas doutro barco e a realizar unha actividade ilegal. A xente quere pescar con normalidade e non sentirse fora da lei e agora teñen a oportunidade de mudar e reaxustar a teoría á realidade pero vostede elixe darlle as costas ao sector polo que volveu a reclamar medidas que solucionen o problema da volanta, do cerco, do arrastre e do resto de artes.

Exit mobile version