Primeira vitoria do líder da categoría sénior da XXVII Tirada de Bolos de Xove que se vai aos 20 puntos de vantaxe do segundo clasificado, Sócrates Campo, que leva dúas últimas participacións francamente malas, con só dous puntos obtidos nas tiradas de Vilachá e Morás. Isto fai que José Rafael se escape na tirada, e por outra banda, Sócrates ve como se lle achegan un grupo de xogadores encabezados por Moisés Rodríguez e Francisco Pérez.
A falla da tirada de Sumoas, que pecha a primeira volta da Liga, temos un líder sólido, moi regular, que semana a semana vai sumando, cunha media realmente notable. Por detrás, un amplo grupo de 6 xogadores con máis de 30 puntos que pelexan por ubicarse nos postos de cabeza.
Liga Sénior Feminina
Espectacular tirada da veterana Salomé Bermúdez, que lle permite abrir brecha pola parte de abaixo da clasificación, con Carmen Roca a 14 puntos, e ao mesmo tempo achegarse aos postos de cabeza, a 1 punto de Belén e a 10 da líder, unha semana máis, Salomé Cardoso.
Este trío de cabeza, a falla dunha tirada para rematar a primeira volta, destácanse claramente do resto para acceder ao podio de honra final.
Carmen Roca, doble campioa nesta categoría, segue físicamente baixa, razón pola cal non a vemos con posibilidades de remontar.
Liga Sub 16
Sorpresa na categoría sub 16 onde o líder indiscutible da mesma, Daniel Alonso, mordeu o polbo por primeira vez nesta tempada e só puido ser 3º, sendo superado polos irmáns Miguel e Julia López Formoso.
Grazas á vitoria, Miguel recorta un pouco a vantaxe con Daniel, pero aínda queda moi lonxe con escasas posibilidades de que nas 10 tiradas que quedan poida recortar os 18 puntos que lle leva. Iso sí, o seu segundo posto teno moi seguro, xa que son 18 puntos os que o separan da súa irmá Julia.
É precisamente para ese terceiro posto onde imos ter unha gran competitividade nas tiradas que faltan, con Julia López, Javier Alonso e Hugo Pérez como protagonistas do último tramo do campionato.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SUMOAS, o vindeiro sábado 28 de novembro de 2015.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS (21 NOVEMBRO 2015) 25 INSCRITOS: 11 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 309 | 12 |
SEGUNDO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 266 | 10 |
TERCEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 247 | 8 |
CUARTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 223 | 7 |
QUINTO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 208 | 6 |
SEXTO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 201 | 5 |
SÉTIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 192 | 4 |
OITAVO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 149 | 3 |
NOVENO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 144 | 2 |
DÉCIMO | MODESTO ALBO VIDAL | 129 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 91 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRIMEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 222 | 6 |
SEGUNDO | JULIA LÓPEZ FORMOSO | 177 | 4 |
TERCEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 155 | 3 |
CUARTO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 140 | 2 |
QUINTO | JAVIER ALONSO LÓPEZ | 127 | 1 |
MELLOR BOLADA | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 64 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRIMEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 237 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 219 | 4 |
TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 206 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 197 | 2 |
QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 124 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 84 | 1 |