No marco desta xuntanza, Olano interesouse polas demandas dos membros da asociación das que tomou nota de cara a darlles unhas solución o antes posible ao tempo que deu a coñecer aos cidadáns o proxecto do Partido Popular e puxo en valor as medidas de apoio adoptadas polo Goberno central e dirixidas tanto aos comerciantes como aos autónomos, de igual xeito fixo referencia ás accións vinculadas cos sectores máis representativos da localidade.
O candidato popular ao Congreso resaltou que entre as propostas de mellora que recibiu da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo atópanse a de acadar unha maior colaboración entre as administracións públicas, así como a de lograr más facilidades á hora da obtención de financiamento bancario.
Jaime de Olano defende que o Goberno de Mariano Rajoy “cumpriu e continuará a estar sempre do lado dos autónomos, dos emprendedores, dos comerciantes e industriais”, que permitiron “mellorar día a día a previsión de crecemento e de consolidación da recuperación”. Neste senso de implicación que permitiu a mellora das contratacións e a xeración de postos de traballo, o candidato popular fixo referencia a accións de goberno como a tarifa plana de 50 euros para os novos emprendedores, que beneficiou a 377.061 autónomos, ademais da bonificación do 50% na contratación de familiares colaboradores, entre moitas outras medidas. “Continuaremos ampliando os incentivos e as axudas aos autónomos e para que os emprendedores podan levar a cabo os seus proxectos”, engadiu. Neste senso, o popular explicou que ACISA tamén valorou moi positivamente o abono de facturas pendentes con medidas como o Plan de Pago a Proveedores, que evitou o peche de moitos autónomos e pequenos comercios.
O candidato popular tamén destacou os incentivos do Goberno a creación de emprego estable, co contrato indefinido de apoio aos emprendedores ou a tarifa plana de 100 euros á contratación indefinida, amais, no apoio ao comercio, Jaime de Olano puxo de relevo a creación da licenza expres para a apertura de novos establecementos e liñas ICO para dotalos de maior liquidez. Outras das medidas ás que fixo referencia o candidato durante a reunión foi á mellora das infraestruturas viarias que benefician de xeito directo o comercio e dinamizan as economías locais, permitindo converter as localidades en puntos de encontro para potenciais compradores. Neste senso, Jaime de Olano citou a construción da A-8, que mellora moi notablemente as comunicacións interiores e permite mesmo a conexión con Europa, pola fronteira francesa.
Esta reunión do candidato popular con ACISA correspóndese cun acto de precampaña, ao igual que se manterán xuntanzas con outras asociacións e entes representativos do tecido comercial e autónomo da comarca. Olano explica que “desenvolveremos unha campaña moi pegada aos cidadáns, ao pé da rúa, escoitando aos mariñáns e ao tecido asociativo que os representa”.