Lugo, 20 de novembro de 2015.- Nós, Candidatura Galega presentou, en Lugo, ás persoas que formarán parte deste proxecto político do que forma parte o BNG xunto co noutras forzas políticas. Olalla Rodíl encabeza a lista ao Congreso d@s Deputad@s e Rosana Pérez será a candidata ao Senado. Ademais a lista ao Congreso está configurada por Xosé Antón Ledo, Montserrat Porteiro e Xosé Paleo. Por outra banda, a lista ao Senado está conformada por Rosana Prieto, Orlando González e Luis López Melle.
Olalla Rodil é xornalista naceu no ano 1989 na Ribeira de Piquín. Rodil sinalou que “Nós, Candidatura Galega nace coa vontade de ser unha forza política feito desde aquí, para aquí e para defender os intereses de Galiza” e explicou que “este proxecto político é o froito dun proceso democrático transparente e participativo” e engadiu que “a nosa candidatura xurde do único proceso realmente democrático que se deu en Galiza”. Rodil explicou que a candidatura pola circunscrición de Lugo está formada por xente diversa, plural e que representa diversos sectores deste páis.
“Afronto esta responsabilidade con moito respecto, honra e responsabilidade” dixo Rodil e engadiu que “aspiramos a contribuír a conformar un grupo parlamentario propio para Galiza e rachar co bipartidismo instaurado en Lugo, no que se alterna deputados do PP e do PSOE, que nunca representaron os intereses deste país a pesares de ser escollidos aquí”. A candidata de Nós, Candidatura Galega afirmou que “os deputados lucenses que agora están apoltronados no Congreso nunca defenderon ás galegas e galegos en temas fundamentais como o sector lácteo, a estafa das preferentes, mais defenderon os intereses doutros territorios e das súas forzas políticas”.
Nós Candidatura nace coa vontade de ser unha forza política feito desde aquí, para aquí e para defender os intereses de Galiza. Olalla Rodil asegurou que deu o paso de encabezar esta candidatura por que “neste momento compre que as persoas novas e as mulleres tomemos a iniciativa e teñamos un compromiso firme para defender o noso futuro e o de Galiza”.
Pola outra banda Rosana Prieto, candidata ao Senado, sinalou que “dín un paso adiante para participar nesta candidatura por que pertenzo a unha das xeracións mellor formadas da historia, estudei con bolsas públicas que hoxe xa non poden disfrutar as persoas que concorran nas mesmas circuntancias socioeconómicas que eu tiña, coido que os tempos son chegados, e que a obriga hoxe é, moral e social”.