Foz, 4 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal Socialista, despois do pleno celebrado este martes onde foi aprobada a súa Moción relativa á redución do tipo de gravame do Imposto de Bens Inmobles, manifesta o seguinte:
A corporación municipal aprobou o seguinte acordo:
– Modificar a porcentaxe ao 0,40% (mínimo que marca a Lei) como tipo de gravame na Ordenanza Reguladora da Taxa do IBI, para que poida ser aplicada no ano 2016.
O Sr. Alcalde ten que convocar un pleno para modificar a Ordenanza Reguladora da Taxa do IBI, de forma que a data 31 de decembro cumpra todos os requisitos para que sexa aplicable no ano 2016.
Non acatar unha votación por maioría do pleno, aludindo informes previos de intervención, non entra dentro do marco legal. A moción aprobada marca a porcentaxe do tipo de gravame (0,40%). Non se aprobou un estudo dos Servizos Técnicos de Intervención do Concello, senón unha redución na taxa marcada pola Corporación Municipal. Unha decisión política.
Exposición de motivos:
– AUMENTO DA VALORACIÓN CATASTRAL: A valoración catastral dos bens inmobles do noso concello sufriran un aumento indiscriminado do 40% nestes últimos tres anos, por solicitude do Sr. Alcalde (que non obriga)
– PONENCIA DE VALORES PARCIAIS: Solicitada polo Sr. Alcalde, aludindo a unha Sentencia do Tribunal Supremo. Esa sentenza di : ”Para que el suelo urbanizable sea considerado urbano a efectos catastrales, y pague IBI como tal, es necesario que se haya iniciado su desarrollo urbanístico”. Esta sentenza obriga ó catastro a facer unha revisión catastral, non obriga ó concello a facer unha Ponencia de Valores Parciais. Ponencia de Valores onde os afectados son os núcleos rurais, identificados no ano 1991, sen ter en conta as novas Leis do So de Galicia ,en
vigor xa desde 2003, e con un PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) en redacción.
Conclusión, antes pagaban inxustamente uns e agora pagan inxustamente outros, solicitude do Sr. Alcalde.
– REGULARIZACIÓN CATASTRAL: Escoitamos ó noso Alcalde no Pleno, que por un lado nos di que todos eses “galiñeiros” (almacenes para o catastro) había que telos dados de alta no catastro e está ben que agora o seu valor catastral sexa mais alto co dunha vivenda porque “os nosos valores catastrais son baixos”. Por outro lado admite que a maioría están mal regularizadas, pero defende a taxa de 60€.
Despois desta exposición non nos sorprendería que solicite a retroactividade a efectos de IBI desa regularización, e decir que solicite o pago do IBI dos valores regularizados dende catro anos atrais. Decisión do alcalde.
Por todo o exposto o PSdG-PSOE de Foz presentou a única Moción posible a rebaixa na Taxa do IBI, o único que é competencia do Pleno Municipal.