Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide que o Concello elabore un plano de prevención da violencia de xénero en colaboración cos centros de ensino

Burela, a 20 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) presentará unha moción no pleno do concello burelés para que o goberno municipal “se comprometa a levar a cabo actuacións de coeducación en colaboración cos centros educativos do municipio enfocadas á prevención e sensibilización da violencia de xénero entre a o alumnado”.

Os populares entenden que “en materia de violencia de xénero, en concreto sobre a súa prevención, no concello burelés hai traballo feito e camiño andado, pero tamén somos conscientes de que queda traballo por facer e camiño por andar. Queremos lembrar que as primeiras bases deste traballo puxéronse con Raquel Río na concellería de Servicios Sociáis, creando o Centro de Información á Muller (CIM, un dos primeiros que comenzou a funcionar en Galicia), entre outras actuacións. A liña de traballo marcada naqueles anos de Río como concelleira tiveron continuidade co bipartito; e xa no último goberno do PP, con Diana Durán de concelleira, se impulsou definitivamente con novas activades, coma o Plano de Igualdade, a curtametraxe “Cara a cara”, talleres, etc.”.

Nese senso, desde o GMP “entendemos que non se debe baixar a garda, e polo tanto hai seguir traballando e abrindo novas liñas de actuación en materia de prevención da violencia de xénero; e neste campo, o traballo cos centros de ensino, comenzado durante o último goberno popular, é fundamental, e debe incrementarse se cabe”.
Os populares non esquecen “o traballo que se fai desde a sociedade civil: así, hai que destacar o traballo de colectivos do noso concello, como Mulleres en Igualdade, que están levando a cabo unha serie de actuacións fundamentáis e que resultan absolutamente impagables”.

Con todo, os populares lamentan que “haxa actividades que quedaron programadas polo goberno do PP e que non se teñen desenvolvido. Por exemplo, as actividades que conlevaba a curtametraxe ‘Cara a cara’, que xa tiñan que estar desenvolvéndose nos centros de ensino; non sabemos se é que non interesan, ou que a concelleira delegada de Servicios Sociáis está mui ocupada noutras cousas, pero sería bon que as retomara e aí tería o noso apoio”.

Desde o GMP “tampouco nos esquecemos de outras administracións. Por eso na moción tamén instamos á Xunta a que elabore un plano de Igualdade no ámbito educativo, co obxectivo de que sirva de referente a toda a comunidade educativa en materia de coeducación e prevención da violencia de xénero, dende unha perspectiva estrutural, integral e transversal”.

“No que se refire á Deputación, que nunca tivo unha actuación decida neste campo, entendemos que debe elaborar un plano de ámbito provincial de colaboración cos concellos para levar a cabo as actuacións demandadas por estes, en base á concesión de axudas, participación activa en actuacións en materia de prevención, cooperación técnica….”, indican os populares.

Finalmente, desde o GMP “facemos un chamamento ó conxunto da cidadanía para aportar todos e todas o noso gran de area para erradicar dunha vez por todas a lacra da violencia de xénero. Especialmente á xuventude, os cidadáns que no futuro asumirán a toma de decisións, para que tome conciencia e asuma a situación que se está a vivir, na que semana tras semana hai mulleres que son víctimas da violencia de xénero, e nenos e nenas que tamén o son, e que merecen xa non todo o noso apoio moral, senón a nosa axuda e compromiso directos como cidadáns”.

Exit mobile version