Ribadeo, 5 de novembro de 2015.- Eroski Club cumpre ano e para celebralo o hipermercado Eroski de Ribadeo sortea cada día un xamón, desde o 3 ata o 25 de novembro.
Eroski Club cumpre un ano con máis de 2,5 millóns de socios-clientes. O programa de fidelización engloba o 73% das vendas realizadas en Eroski. No último ano, Eroski transferiu aos seus clientes un aforro de 110 M€ a través de ofertas e promocións, a metade a través de accións personalizadas e exclusivas.
Eroski Club está formado principalmente por familias con fillos no fogar e persoas maiores de 65 anos. Durante este ano de andadura, 214.000 socios-clientes relaciónanse habitualmente a través da web e máis de 12.500 participaron en programas de valoración e mellora das políticas comerciais. Froito desta participación, Eroski aborda novos proxectos de mellora nutricional dos seus produtos de marca propia e acometeu unha profunda revisión de 9 categorías de produto para ofrecer unha maior liberdade de elección aos consumidores.
Durante o mes de novembro, todos os socios-cliente de Eroski participarán en sorteos de compra gratis. O hipermercado Eroski Ribadeo sortea un xamón cada día desde o 3 ata o 25 de novembro. Este premio realízase entre todos os socios con motivo do aniversario de Eroski Club. O sorteo efectúase todos os días ás 8 da tarde de xeito presencial.
A primeira afortunada foi Dosín Sievane Otero (ganadora do xamón sorteado o 3 de novembro) e o segundo foi José Manuel Alonso (ganador do sorteo do 4 de novembro). A encargada de facer entrega dos premios é a responsable de Cliente en Eroski Ribadeo, Yolanda Manzaneda.