O curso de iniciación á fruticultura 2015/2016 inicíabase este venres 20 de novembro no IES Alfoz – Valadouro coa presenza de membros da Xunta Directiva da Asociación de Fruticultores do Valadouro e Alfoz, colectivo organizador, e do Concello de Alfoz, que colabora e financia o curso.
O comezo do curso, destinado ós alumnos do IES Alfoz-Valadouro, estivo dedicado á introdución xeral á fruticultura e os conceptos básicos da mesma.
Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas comezará o curso para os socios da Asociación de Fruticultores do Valadouro e Alfoz cunha primeira xornada dedicada á preparación de terreos para plantación de frutais, interpretación e análises do solo, abonos, tipo de patróns e variedades frutais e os tratamentos a levar a cabo no inverno. Esta xornada, continuará o sábado en horario de 10.30 a 12.30 horas, no Centro Sociocultural de Alfoz.
O curso continuará ó longo do próximo ano con novas xornadas dedicadas á poda de inverno e incisións, no mes de febreiro, o tratamento de pragas, en maio, a poda en verde, no mes de xuño e o arqueado e enxerto de patróns no mes de setembro. Queda pendente definir as datas de visita a distintas explotacións.
Desde o Concello de Alfoz estase a trabalar no apoio a esas iniciativas hortifructícolas e aquelas outras relacionadas coa posta en valor dos terreos agrarios.