Burela, a 25 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular burelés asegurou que “o alcalde minteu na campaña electoral, cando dixo que ía baixar os impostos, e agora resulta que está engañando ós veciños, xa que a modificación das ordenanzas para o ano 2016, con esa pretendida baixada da auga e do lixo nun 0’4% en realidade é unha subida dos impostos e dos prezos públicos municipáis. Volvemos, como era sabido, á política socialista de aumentar impostos, aumento do gasto e retrasos nos pagos”.
Os populares aseguran que “no expediente que vai a pleno vese mui claro que os socialistas non teñen ningún interés en baixar os impostos e taxas municipáis, porque o propio expediente se inicia tres días antes de convocarse as comisións informativas. Ademáis, collen o IPC interanual agosto/agosto, que foi o que usou o PP o ano pasado, pero coa salvedade de que o goberno municipal do PP aprobou a modificación das ordenanzas no pleno do mes de setembro, cando podían coller o interanual setembro/setembro, que é moitos máis ventaxoso para os cidadáns, ó presentar unha variación negativa do IPC en -0’9%. E tendo en conta que a modificación vai a este pleno de novembro, tempo lles deu a preparar con xeito a baixada das ordenanzas fiscáis”.
“Ademáis, engaden, a baixada que din eles da auga e do lixo non é tal, porque se a mellor variación interanual do IPC, a de setembro/setembro, é de -0’9%, estanlle timando ós veciños un 0’5%. E por riba, nada de nada de revisar a fondo as ordenanzas, porque durante estes meses estiveron sen facer nada e tempo tiveron a revisalas a fondo. Deberían explicar por qué non baixan o -0’9%”.
O Grupo Municipal Popular presenta “unha proposta mui similar á que presentamos o ano pasado, cunha baixada de -0’9% dos impostos, taxas e prezos públicos. Así, ademáis de baixar a auga e o lixo, a nosa proposta recolle a baixada do imposto de vehículos, dos vados, da ocupación de terrazas, da apertura de establecementos, da ocupación da rúa e beirarrúa con materiáis de obra, de expedición de documentos por parte do concello, e tamén a adecuación das taxas por uso de instalacións municipáis, circunscrívindoas ós ambitos empresariais, privados ou con ánimo de lucro”.
Para levar a cabo a proposta, “se en 2014 resulta que a variación interanual do IPC agosto/agosto, -0’5%, foi a máis ventaxosa para os veciños, e aí están os datos do INE, en 2015, e dado que a modificación das ordenanzas van a este pleno cando xa tiñan que ter ido ó de setembro, a ídonea é a de setembro/setembro, -0’9%. Coa nosa proposta, unha familia media, con vado e coche, podería aforrar cáseque dez euros/ano; coa do PSOE, pouco máis de dous”.
“Coa modificación proposta polo PSOE e polo alcalde vese que non hai ningún beneficio para o cidadán, indican os populares, máxime cando se poderían baixar os impostos, tendo en conta que os ingresos municipáis se están comportando ben, e que en 2016 haberá máis ingresos por IBI, cousa que non houbo este ano, debido á baixada que fixo o PP deste imposto”.
“En definitiva, estamos ante o que xa temíamos: o PSOE, cando chega ó goberno, non baixa impostos, incrementa o gasto (como se verá máis adiante), paga tarde e mal… Unha mentira sobre o que se dixo na campaña electoral, e un engaño absoluto para a cidadanía”.