Burela, 25 de novembro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Servizos Sociais e Educación, Patricia Otero e Jose Díaz, respectivamente acudiron este mediodía á mesa que Mujeres en Igualdad Burela instalou nas inmediacións do Concello neste 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Os actos programados polo Concello darán comezo ás 19:30 horas cunha concentración ás portas das Casa Consistorial. Despois terá lugar a entrega de premios aos gañadores dos concursos de Microrrelatos e Lemas. A xornada rematará coa lectura dun manifesto.