Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés Faladora organiza un obradoiro de comunicación escrita en galego no Vicedo

Falas galego? Falas galego con “fluidez expresiva”? E como se che da o escribilo? Manéxaste co galego nas redes? Se a túa resposta é un si ás primeiras preguntas, pero nin un “ben”, nin un sí ás últimas, pode que precises participar no “Obradoiro de comunicación escrita” que organiza Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora.

Este obradoiro, dirixido polo nordesteiro Bernardo Penabade, filólogo e profesor no IES Perdouro de Burela, desenvolverase en sesións virtuais dende o 7 ó 13 de novembro e unha presencial de 4 horas de duración na Casa da Cultura do Vicedo a partir das 10.00 horas o sábado 14 do mesmo mes.

A actividade rematará cunha obra de teatro por conta da compañía “Debulla escénica” a partires das 19.00 horas co título de “Perversons”, e que está aberta a todas as persoas maiores de idade aínda que non participen no obradoiro.

O número de prazas é limitado: tan só 15. E a data límite de inscrición, gratuíta, é o venres 6 de novembro ás 20.00 horas a través dunha mensaxe privada na páxina de facebook da asociación ou do enderezo electrónico asociacion.nordes@gmail.com ou do teléfono 653 756 454 (Ricardo).

Exit mobile version