Site icon Crónica3.com A Mariña

Mesa informativa de Mujeres en Igualdad Burela para o 25-N

20151125_113134Burela, 25 de novembro de 2015.- Este mércores pola mañá Mujeres en Igualdad Burela puxo unha Mesa Informativa Contra a Violencia de Xénero, diante do Concello de Burela, onde informaron sobre as medidas que se adoptan desde as distintas Administracións, para a prevención e erradicación da Violencia de Xénero. Tamén asesoraron sobre os trámites necesarios para denunciar un caso de Violencia de Xénero. Aproveitaron a ocasión para repartir os diferentes manuais de prevención e actuación Contra a Violencia de Xénero, así como lazos conmemorativos do Día Contra a Violencia de Xénero. Esta mesa estivo presidida por Mary Fraga, Presidenta de Mujeres en Igualdad Burela.

Exit mobile version