Os talleres continuarán o luns durante todo o día, coa presenza do padriño desta edición, o artista burelao Davi Xino.
Co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña inclué en 2015 a participación do IES Perdouro de Burela xunto ao de Foz, para que o seu estudantado se achegue ao mundo da imaxe. O alumnado dos dous centros poderá dar renda solta á súa creatividade a través do concurso final, en dúas categorías, fotografía e vídeo, ata o 30 de decembro; esta fase tamén estará aberta para os centros que participaron en edicións anteriores, Monte Castelo (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove) e Alfoz-O Valadouro. Coa chegada de 2016, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.