Sendo este mes de novembro moi significativo no calendario, pois o día 27 vense a recordar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e sendo testemuñas cada día dos últimos acontecementos de asasinatos en mans das súas parellas. Foz Plataforma de Futuro ponse a traballar máis alá, e ademais das concentracións habituais, dos carteis ou das protestas colectivas, que están moi ben; pero, ademais diso, pensamos que se pode facer algo máis produtivo e que axude.
Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Facer as xestións necesarias para a colocación dunha oficina de axuda e información a toda muller que así o solicite,sexa violencia de xénero,separación ou divorcio,emprendedoras,conciliación vida laboral –familiar, etc. así como ter a disposición un telefono gratuíto para calquera emerxencia,dispor de axuda xurídica que oriente naquilo que se necesitase. Un Servizo público, anónimo e gratuíto con atención personalizada e confidencial, todo esto sería o que é coñecido como o CIM (Centro de informacion á muller)
– Ter actos naqueles días específicos para conmemorar, muller traballadora,dia da nai, dia da violencia de xénero..etc. Como ben así o indica o seu nome, información á muller.
– Temos constancia que en moitos concellos está xa en marcha e funcionando moi satisfactoriamente. Sería dar un paso máis neste concello ,un paso exemplar, poñernos á altura de moitos concellos do noso pais, como ben compara o sr.alcalde cando lle convén.
– No presente ano houbo axudas económicas por parte da Xunta de Galicia para a mellora dalgúns centros, polo cal dannos a entender que poida subvencionar dito propósito.