Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz Plataforma de Futuro insta ao Concello mediante moción a facer as xestións para ampliar a ponte sobre a vía do tren en Nois

PUENTE NOIS APEADEROFoz, 24 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,JuanLuís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na parroquia de Nois e mais concretamente na zona coñecida como “o apeadero”, temos unha estrada municipal que da aceso a un grupo importante de casas.Esta estrada cruza a vía do tren a través dunha ponte, dita ponte é estreita e ten un aceso complicado a ela xa que está xustamente despois dunha curva, isto fai moi dificultosa a circulación, é perigosa e impide o paso de camións por ela.

Numerosos veciños deste barrio do apeadero en Nois, puxéronse en contacto con nós para intentar darlle solución a este problema que xa leva moitísimos anos así, e agora se ve mais empeorado ó construír mais vivendas nesa zona e ter mais tránsito, así mesmo recordar que tamén foi unha demanda sempre das distintas directivas das AA.VV.
Nesta mesma parroquia temos un claro exemplo de que este problema se pode solucionar, xa que uns 550 metros mais cara a burela había unha ponte mais ou menos nas mesmas condicións, estamos a falar da ponte que da aceso ó barrio de cabanas, e neste caso puido dárselle solución.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Concello de Foz e ó seu equipo de goberno a facer os trámites e xestións necesarias para poder facer un aceso en condicións ó barrio do Apeadero, na parroquia de Nois, dotando esta estrada de mais metros de ancho e máis a ponte que pasa por encima da vía do tren e dá aceso a este barrio.

Exit mobile version