Foz, 25 de novembro de 2015.- Este venres día 27 de novembro, ás oito e media da tarde, presentamos na Librería Bahía a novela “O coitelo de pedra fundida”, de Francisco Antonio Vidal.
Trátase dunha historia de misterio ambientada na época celta, na que se mestura a intriga e a crítica ao poder relixioso.
O autor é asiduo colaborador en distintos medios da prensa diaria. E autor de novelas coas que acadou varios premios, como o Avilés de Taramancos ou o premio Concello de Viveiro no ano 2003, e tamén ten publicados ensaios nomeadamente sobre a figura de Manuel Murguía.
Resumo curricular de Francisco Antonio Vidal Blanco
Desde 1977 colabora en distintos medios sendo de resaltar as series periodísticas:
Ciencia, técnica e trebellos, en A Nosa Terra, de 1980 a 1982
Camiño vello congostra nova, en A Nosa Terra de 1996 a 2000
Polos Camiños de Arteixo en Periódico de Arteixo
Murguía, as letras e a historia en O Correo Galego de 1999 a 2000
Meu santo miña santiña, en A Nosa Terra de 2001 a 2003
Lingua Proletaria en La Voz de Galicia (edición Barbanza) desde 2005
Premios literarios
Concello de Vilalba de novela en 1992 e 1998
Accésit Pedrón de Ouro en 1992 e 1994
Olisbos de literatura infantil en 1993
Casa Galicia de Baracaldo en 1997
Avilés de Taramancos de Noia en 2003
Concello de Viveiro en 2003
Terra de Melide en 2007
Novelas publicadas
Ollos de anxo da morte (1997)
Cuarto dos ausentes (2000)
A derradeira decisión (2001)
Botín da inmortalidade (2003)
A luz da eclipse (2003)
Os chanzos da escada (2005)
Os pecados capitais (2007)
As deusas do calvario (2010)
O coitelo de pedra fundida (2015)
Ensaio
Manuel Murguía (1999)
Textos en galego de Murguía (2000)
Murguía, as letras e a historia (2000)
Dos fatos ós festexos (en colaboración con Rosa B. Vizcaya) (2009)
Teatro
A sirea (2006)
No ano 2009 pregón das festas de Palmeira.
E desde abril de 2009 a biblioteca municipal de O Froxel (Arteixo), o lugar onde naceu Manuel Murguía, leva o nome de Francisco A. Vidal