A Escola Infantil de Xove celebroaba este venres, 20 de novembro, o Día Internacional do Neno, dedicado a tódolos nenos e nenas do mundo. Dentro das actividades realizadas, elaborouse un mural entre todo o alumnado, colocando tamén globos e gorros que decoraron os nenos coas súas familias. Así mesmo, e coa colaboración de 2 persoas en prácticas do curso “Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil”, pintouselle a cara a moitos dos nenos/as da Escola.