Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Cyrano’, no Teatro Pastor Díaz

cyranoCyrano! Unha incrible historia de amor. A encarnación do triunfo da beleza moral e da intelixencia fronte a fermosura física e o mundo material. Un soño por cumprir, unha aventura por vivir. Baixo a dirección de Pedro Rubín, os intérpretes César Cambeiro(Cyrano), Manuela Varela (Roxana), Ana Santos (Ama) e Xosé María López Baño “Tanas” (Cristian), a versión de Julio Salvatierra, a tradución de Francisco Pillado Mayor, a escenografía de Rodrigo Roel e a iluminación de Eduardo Alonso dan vida a esta obra do mellor teatro clásico francés que colme o interese do espectador convertido no patio de butacas nun privilexiado observador desta caixa de ilusións que sempre é a vida dentro. A representación terá lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 28 a partir das 20.3o horas.

Exit mobile version