Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela esixe “transparencia” ante a “nula capacidade de xestión” do goberno local

Compromiso por Burela sinala que “temos en Burela un equipo de goberno escuro, pouco transparente e con pouca ou nula capacidade de xestión. CxG propuxo en varias ocasións medidas de transparencia e de participación dos cidadáns, sen reposta por parte do PSOE. Previa á constitución dos órganos de goberno o 17/06/2015 CxG propuña, mediante rexistro, que non se delegasen funcións do Pleno na Comisión de Goberno, xa que o primeiro e público e as Comisións a prior non. Non temos nin resposta, esta é a transparencia do Sr. Llano”.

Hoxe estamos en condición de sinalar que esta decisión vulnera os dereitos marcados na Constitución e provoca unha situación de inseguridade xurídica sobre dos acordos tomados polo PSOE nas Comisións de Goberno. Esta actitude recalca a nula capacidade de goberno do grupo socialista que non coñece nin o propio ordenamento xurídico. CxG ven de presentar unha proposta que arranxe esta situación co gallo de evitar indefensións e problemas ós nosos veciños. Entendemos que fai falla neste senso responsabilidade e adiantamos que usaremos todos os mecanismos para facer cumprir a Lei, en defensa dos administrados.

Gobernar non e soamente mandar notas de prensa, sacar fotos e reclamar reunións, gobernar e tomar decisións que cumpran a legalidade democrática.

Por último sinalar a todos aqueles veciños afectados por decisións tomadas en delegación pola Comisión de Goberno que fagan valer os seus dereitos.

Os temas delgados a Comisión de Goberno polo Pleno deben ser debatidos publicamente. Non chega con falar de transparencia Sr. Llano tamén temos que practicala.

Exit mobile version