Barreiros, 25 de novembro de 2015.- Ducias de veciños e veciñas, traballadores do Concello e os nenos e nenas do CEIP de San Cosme secundaron a concentración convocada polo Concello no día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. O alcalde, Alfonso Fuente, deu lectura a un manifesto e seguidamente @s pícar@s manifestáronse con carteis e con proclamas en cotnra da violencia de xénero. Todos os asistentes gardaron despois un minuto de silencio polas vítimas desta lacra social. Os actos programados polo Concello de Barreiros seguirán esta tarde cunha charla no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.