Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre “coidados paliativos” en Foz

charla-fozFoz, 20 de novembro de 2015. O salón de actos da Casa da Cultura de Foz acollía este xoves a segunda charla médica do ciclo organizado polo Concello. Nesta ocasión correu a cargo da médica Belén Fra e da enfermeira Mar Pérez, do Hospital da Costa, que falaron sobre os coidados paliativos e puxeron exemplos prácticos de como facer fronte á última etapa da vida da mellor forma posible. O acto foi presentado por la concelleira Silvia Blach.

A terceira e última charla médica deste ciclo terá lugar o vindeiro xoves, día 26, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura focense. A doutora especialista en Farmacia Hospitalaria Concepción Castro Rubiños falará sobre a automedicación.

Exit mobile version