Lugo, 20 de novembro de 2015.- O secretario xeral do PP de Lugo, Jose Manuel Balseiro salientou este venres que a Xunta de Galicia reforzará os incentivos á instalación de empresas na nosa comarca ofertando solo industrial desde 38 céntimos o metro cadrado.
Balseiro explicou que estas medidas empezarán a aplicarse en decembro, nos parques empresariais propiedade de Xestur, a axencia pública dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, e se estenderán a todos os parques industriais autonómicos nunha segunda fase, no primeiro trimestre de 2016, os propiedade do IGVS.
Os adxudicatarios dos dereitos de superficie poderán construír as instalacións necesarias para desenvolver o seu proxecto empresarial nas parcelas que lles adxudiquen tan só a cambio dun canon anual.
O PRIMEIRO ANO NON PAGARÁN NADA
O novo plan de solo bonificado vai dirixido aos futuros titulares destas parcelas que poderán beneficiarse dun primeiro ano de carencia (durante o que non pagarán nada) e dunha sensible rebaixa nos anos posteriores xa que o canon anual por metro cadrado oscilará tan só, entre os 38 céntimos e os 2,287 euros, ata un máximo de 30 anos.
Respecto das condicións, os adxudicatarios están obrigados a edificar as súas instalacións e obter a licenza de actividade correspondente nos primeiros tres anos desde que se realiza a adquisición, co obxectivo de garantir que os investimentos e a creación de postos de traballo se realicen no prazo máis curto posible.
Durante os dez primeiros anos de concesión, os adxudicatarios poderán exercer o dereito de compra das parcelas ao seu prezo orixinal descontando a parte que xa pagaron de canon. O prego establece que o prazo de vixencia do dereito de superficie será de trinta anos, prorrogables ata un máximo total de sesenta anos, por acordo entre as partes
METROS CADRADOS DISPOÑIBLES
Balseiro aclara en concreto, que nos parques industrias de Muimenta (Cospeito), Guitiriz, O Corgo, Cuiña (Cervo), Barreiros, Foz, Landrove (Viveiro) e As Gándaras (Lugo) a oferta de solo dispoñible coas novas condicións bonificadas supón a disposición a prezos especial de 304.167,91 metros cadrados e 96 parcelas, conforme ao cadro seguinte:
SOLO DISPOÑIBLE | ||
M2 | Parcelas | |
Muimenta (Cospeito) | 2.704,00 | 1 |
Guitiriz | 4.834,00 | 1 |
O Corgo | 2.951,16 | 2 |
Cuiña (Cervo) | 29.873,56 | 16 |
Barreiros | 9.000,00 | 7 |
Foz | 6.120,00 | 2 |
Landrove (Viveiro) | 52.389,19 | 25 |
As Gándaras (Lugo) | 196.296,00 | 42 |
TOTAL | 304.167,91 | 96 |
AVALIACIÓN DO PLAN ANTERIOR AÍNDA VIXENTE
Finalmente Balseiro quixo facer unha valoración do plan de solo bonificado vixente ata o de agora –e posto en marcha a comezos deste ano polo Goberno galego, neste caso aplicando descontos de entre o 30 e o 50% sobre as tarifas de venda.
Con datos oficiais os incentivos da Xunta permitiron que na provincia de Lugo se adxudicaran 85 parcelas de solo empresarial, cunha superficie total de 149.569,63metros cadrados, que supoñen máis do 42 por cento da superficie adxudicada en toda Galicia
En concreto, conforme ao seguinte cadro:
Parque | Nº parcelas vendidas | Superficie vendida |
Barreiros | 20 | 19.963 |
Cervo | 4 | 28.231,85 |
Foz | 1 | 3.308 |
As Gándaras (Lugo) | 41 | 75.616 |
Gutiriz | 1 | 596 |
O Corgo | 2 | 3.426,84 |
Vilalba | 12 | 13.810 |
Viveiro | 4 | 4.617,94 |
Balserio aclara que o concurso de venda de solo bonificado do IGVS aínda non se resolveu, pero prevese a adxudicación na provincia de Lugo de 10 parcelas, con máis de 6.500 metros cadrados de superficie.
Ademais, o IGVS adxudicou 65.000 metros cadrados de solo a través da declaración de dous proxectos singulares en Palas de Rei e Monforte de Lemos (Porto Seco).