Barreiros, 20 de novembro de 2015.- Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros estiveron este venres de excursión en San Cibrao. Primeiro coñeceron o traballo dun artesán de carpintería da ribeira, no seu obradoiro, logo fixeron un percorrido polo Museo do Mar, e deron un paseo polo pobo. Tras do xantar volveron cara o colexio.
A saída estivo organizada polo profesorado e financiada polo Concello de Barreiros, que costeou a viaxe en autocar. A actividade enmárcase na campaña “Un Mar de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovida polo Grupo de Acción Costeira A Mariña Ortegal.