BARREIROS
12.00 horas: lectura dun manifesto e minuto de silencio (praza do Concello de Barreiros).
16.00 horas: Xornadas contra a violencia de xénero (Centro socio-cultural xuvenil e da terceira idade Manuel Díaz Sampedro).
Mesa redonda a cargo de Mujeres en Igualdad Burela.
18.00 horas: entrega de premios do concurso de debuxo “di NON á violencia” no que participaron alumnos e alumnas de Primaria do CEIP San Cosme de Barreiros e o CEIP San Miguel de Reinante)
BURELA
“Nacimos para querenos, non para mancarnos”
– Colocación no Salón de Plenos dun libro de firmas e opinión para que que así o desexe poida dar a súa aportación.
– Ó longo de toda a mañá nos CEIPs de Burela o alumnado irá deixando as súas reflexións sobre a violencia de xénero nun panel coa silueta dunha muller.
– 19.30 horas: concentración na Praza do Concello.
– Entrega dos premios ós gañadores dos microrrelatos e nomeamento do lema gañador (no Salón de Plenos).
– Representación do relato gañador do VIII Concurso de Microrrelatos do 2014 no salón de plenos.
– Lectura do manifesto contra a violencia de xénero machista. Salón de Plenos.
CERVO.
“Hai saída á violencia de xénero”
25 N
– Reparto de lazos nos centros do Concello: Casa do Concello, Casa do Mar e Casa da Cultura de San Cibrao
– Lazos pendurados das fachadas das institucións do Concello de Cervo
28 N (Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao)
18.00 horas: obra de teatro “O cazo de Sabela” da man da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña.
18.30 horas: Charla “Violencia de xénero: orixe e perspectiva” por Reyes Quelle (Asociación de Mulleres de San Cibrao)
19.00 horas: Lectura da carta gañadora do concurso “Carta a un maltratador”
19.15 horas: proxección do vídeo “Que pensamos sobre a violencia de xénero en Cervo?”, spots sobre violencia de xénero e unha breve reflexión dos nosos pequenos.
19.40 horas: lectura grupal de frases en contra da violencia de xénero
Ademais, na entrada farase un mural coas mans (proxectadas con pintura) de tódolos asistentes e tomarse unha fotografía de grupo cunhas mans simbólicas de tódalas mulleres maltratadas.
LOURENZÁ
10.00 horas: colocación dun lazo malva, símbolo representativo do día (no balcón do Concello).
10.30 horas: exposición ao público do libro de sinaturas do Concello en contra da violencia de xénero (sala de exposicións)
17.30 horas: testemuñas sobre violencia de xénero lidas polos alumnos do taller de memoria e charla coloquio (salón de actos)
18.30 horas: proxección cinematográfica relacionada coa temática da violencia de xénero (salón de actos).
RIBADEO
“Tomemos as rúas. Por elas. Por nós. Violencias NON”
12.00 horas: cadea humana en contra das violencias machistas.
XOVE
25 N
18.00 horas: proxección do Lipdub e Obradoiro Relacionome, relaciónate!! 20.30 horas: marcha contra a violencia de xénero con saída dende a praza do Concello e remate na praza cunha concentración simbólica.
26 N
17.00 horas: Tarde de cine infantil e palomitas, dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos.
27 N
16.30 horas: obradoiro “Uso seguro das novas tecnoloxías”, dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 17 anos.
28 N
16.30 horas: tarde de cine xuvenil e merenda, dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos.
VIVEIRO
20.30 horas: lectura dun manifesto por parte da actriz galega Estívaliz Veiga e unha breve actuación musical (Sala multiusos da Casa do Concello).
O lazo que estivo exposto durante este mes na sala multiusos, coas mensaxes de ánimo ás vítimas, será colgado do balcón da Casa do Concello.
26N
Os alumnos de infantil de todos os centros educativos público infantil achegarase ao teatro o xoves 26 de novembro para a proxección de dúas curtametraxes de animación para educar en valores como a igualdade, a tolerancia e o respecto, entre outros moitos (estas proxeccións para o público infantil estaban programadas para o 19 de novembro de 2015, sendo necesario pospoñelo por motivos alleos ao Concello).