A FAPACEL comentou que neste mes de novembro presentará a guía Escola de Habilidades Sociais con charlas dirixidas a familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Nesta guía atoparanse orientacións para favorecer a adquisición de habilidades básicas de relación social. Está dividida en diferentes partes, na primeira dáse unha explicación do que son as habilidades sociais e a importancia que ten a súa adquisición. Na segunda parte explícanse os diferentes estilos de interacción social, amosando as características de cada un deles mediante unha situación práctica. A continuación, aprenderanse unha serie de pautas educativas para a resolución de conflitos. E para finalizar, destacaremos diferentes mitos sobre as interaccións sociais para reflexionar entre todas e todos
Para facilitar a asistencia das familias ás charlas as nenas e nenos terán un Obradoiro sobre o Conto Popular que correrá a cargo de Rubén e Elena Centelles.
No mes de decembro, unha vez realizadas todas as charlas,enviaranse guías as ANPAS asociadas para repartir ás familias socias que as soliciten.