Site icon Crónica3.com A Mariña

A Área de Deporte da Deputación ratifica o seu apoio as Escolas Deportivas de Lourenzá

IMG_986130 de novembro de 2015.- O vicepresidente da Deputación De Lugo e responsábel das Áreas de Cooperación cos Concellos e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, reuniuse na maña deste luns con Pablo Maseda Fernández, presidente das Escolas Deportivas de Lourenzá, para asinar un convenio de colaboración por valor de 10.000 euros co que a institución provincial ratifica o seu apoio económico a este equipo mariñán.

O club conta con equipas que compiten entre as categorías benxamín e absoluta, pasando por outras coma poden ser a cadete ou a junior, facendo desta entidade una das mais completas no que a tinxe a categorías de base.
Segundo afirmou Antonio Veiga “as Escolas Deportivas de Lourenzá son un referente na Mariña para o mundo do baloncesto e máis concretamente do baloncesto feminino, realizando un gran esforzo e adicando moito traballo a creación dunha magnífica canteira desde a base”.

“A Área de Deporte colabora activamente con este tipo de proxectos, pois consideramos moi importante que ademáis da competición exista una boa escola e formación” concluíu Veiga.

Exit mobile version