Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro felicita ós armadores do Porto de Celeiro pola distinción de Carrefour por este método de pesca que preserva a biodiversidade

A alcaldesa de Viveiro felicita á sociedade de armadores Porto de Celeiro e a todas aquelas persoas que, dunha ou doutra maneira, están relacionadas coa pesca da merluza do pincho de Celeiro polo recoñecemento obtido o pasado venres en Boulogne-Villancourt (París), na sede central da multinacional Carrefour.

Para o Concello de Viveiro é unha honra que Porto de Celeiro, polo súa merluza do pincho, fose a única empresa española premiada este ano por Carrefour dentro do distintivo “El gran reto de los proveedores en torno al clima”, co que se vén a recoñecer a contribución deste método de pesca na loita contra o cambio climático, reducindo o impacto ambiental e preservando a biodiversidade do mar.

O que todos nós sabiamos e valorabamos, a merluza do pincho de Celeiro, o noso produto gastronómico por excelencia, foi recoñecido mundialmente e por ese motivo, a miña máis sinceira noraboa!

Exit mobile version