Site icon Crónica3.com A Mariña

24 comerciantes da Avenida de Galicia de Ribadeo decidiron darlle a benvida ao Nadal adornando parte das árbores desa rúa

301115 Foto arboles Avenida Galicia 2Ribadeo, 30 de novembro de 2015.- Un grupo de comerciantes da Avenida de Galicia decidiu pedir autorización ao Concello para adornar algúns das árbores desa rúa “coa intención de alegrar e animar a campaña de Nadal”, explican.

Tras presentar o proxecto á concelleira de Comercio e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, e á Adl do Concello, Mónica Barcia, “obtivemos o pertinente visto bo e puxémonos ao choio. A predisposición dos convocados foi case unánime e respiramos un espírito de compañeirismo e colaboración en todas as tendas”, sinalan José Ramón Leal e Mini López-Santos, promotores desta campaña.

A novedosa idea viuse limitada a 16 árbores “por falta de infraestrutura para cubrir unha avenida tan grande, por iso queremos co tempo iniciar novas accións e que todo o mundo poida participar nelas. O noso obxectivo é darlle un punto de alegría á nosa rúa e intentar arrincar un sorriso a pequenos e maiores”.

Os adornos, que se poden ver desde este domingo á noite na Avenida de Galicia, son brillantes e de cores divertidas, feitos a man polos comerciantes que participan na iniciativa. Ademais o 12 de decembro, a partir das 18 horas, un grupo de cantareiras e pandereteiras da asociación Amigos da Gaita visitará todos os comercios que puxeron en marcha esta iniciativa e cantarán cancións dentro dos establecementos.

Os locais que se uniron para alegrar a campaña de Nadal na Avenida de Galicia son: bar A Ribeira, personal de O Zapatazo, Labores Gadea, Pippol’s, Electrolux, Foto Legaspi, Bar Queimada, carnicería Serares, peluquería Imaxe, Decorama, bazar Gigia, Bolsos Núñez, Megasoft, óptica Miró, bar Regueiro, Mayva, Ízaro, Terra Branca, Bis a Bis, Istambul Kebab, frutería Morriña, asesoría Torres, panadería La Plaza e pastelería La Ciudad Encantada.

Exit mobile version