Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha trintena de produtores participan no primeiro mercado de venda de fabas de Lourenzá

Lourenzá, 27 de setembro de 2015. O primeiro mercado de venda de fabas de Lourenzá da tempada, celebrado este domingo, en Vilanova contou cuns 30 produtores.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “hoxe ás 8:30 da mañá no recinto feiral do Concello de Lourenzá abría as súas portas, un ano máis, o tradicional mercado de venda de fabas. Foi pouco concorrido, pois houbo en torno a 30 produtores vendedores de faba e uns 6 compradores. Este ano as condicións meteorolóxicas extremas, con tanta calor, fixeron que a leguminosa chegase tarde, o que xustifica que hoxe fosen poucos os fabeiros que acudiron a Lourenzá para vender a súa produción”.

A rexedora de Lourenzá especificou que “en total vendéronse 345 quilogramos da variedade galaica, a un prezo de 8,25 euros o quilo; 485 quilos de faba fresca, a un prezo entre 5 e 5,50 euros; e 530 quilos da variedade verdina, a 6,50 euros”.

Exit mobile version