Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 200 participantes no X Día da Bicicleta de Foz

x-dia-bici-fozFoz, 27 de setembro de 2015. A décima edición do Día da Bicicleta celebrado en Foz este sábado contou con case 200 participantes, entre eles o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen ademais entregou os premios.

Os ciclistas gozaron dun paseo pola ruta das praias con avituallamento no parque do río Ouro, na parroquia de Fazouro. Ao rematar o percorrido sorteáronse unha morea de agasallos entre os participantes e foron entregados catro premios: para o máis veterano, Jesús Oroza Vila; á máis nova, Noelia Gayoso Sixto; para a bicicleta mellor engalanada, Julia Fernández Castro; e ao mellor disfrace, Lucía Pardo Vázquez.

O rexedor municipal agradeceu a colaboración no evento de Club Ciclista Foz, La Voz de Galicia, Frutas Morriña, Gadis, Froiz, Motos Baltasar, Living Sport e Isabel López Peluquería e Estética, así como de Protección Civil e da Policía Local.

Exit mobile version