Ribadeo, 29 de setembro de 2015. O prazo para matricularse nas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Ribadeo remata este mércores, 30 de setembro, debendo realizarse o pago das correspondentes taxas ata o 16 de outubro. O inicio do curso realizarase entre o 15 de setembro e o 15 de outubro e rematarán entre o 15 de maio ao 15 de xuño.
A cota por escola é de 60 euros e a matrícula está aberta aos cativos nados entre 2002 e 2011, ambos incluídos.
Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o día 1 de outubro, tendo preferencia os empadroados ou escolarizados en Ribadeo. No caso da falta continuada, o alumno será dado de baixa e a súa praza será ocupada polo primeiro na lista de reserva. Existen axudas para o pago total ou parcial da matrícula para familias en situación económica desfavorable. As súas bases poden consultarse no BOP nº 071 do 27 de marzo de 2014.
O pago da matrícula deberá realizarse na conta de Caixa Rural do Concello, baixo o concepto “matrícula escola deportiva” e indicando o nome do matriculado. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude.
A Escolas Municipais ofrecen deportes coma: fútbol, fútbol sala, patinaxe (30 prazas), natación (40 prazas), tenis, baloncesto, ximnasia rítmica, padel, karate, atletismo e tenis de mesa.