A Mariña, 25 de setembro de 2015.- A compositora e cantora Ugia Pedreira xunto co artista bretón Pierrot Rougier e sua picariña Lua Avel chegaron ao característico pobo de Rinlo e ali falaronlles do desaparecido coro rinlego. Foi entón que amizades da Mariña próximas aos artistas apuxaronnos e animaronnos à idea de que fosen eles quenes promoveran un coro diferente e mixto parar a comarca e occidente de Asturies.
Recollendo diversos pareceres puxeronse maos a obra, e desde o bon facer e entender da As. O Cantal de Veciños de Rinlo é agora que se abre a convocatoria de voces para o futuro Coro da Mariña que terá como local de xuntanza a Escola Vella de Rinlo, a antiga escola indiana.
Faise pois unha chamada pública a quenes queiran animarse a cantar en grupo, xente com ou sen formación musical, profesionais e amadores, xente de 14 a cento e pico de anos que queiran compartir esta aventura artística carregada de paixon e esencia da zona, xente com distintos gostos musicais. Persoas unidas polo gosto de cantar en colectivo e criar un espazo conxunto para desfrutar da saúde que produce O Cantar. O Coro da Mariña é un espazo heterogeneo, un espazo de diversidade para todos os mariñaos e mariñanas que atencionará aos gostos eclécticos, as capacidades de cada quen e as necesidades individuais.
A temática do coro terá como fio conducto O mar, a sua poética e sua cultura, harmonias e melodias que teñan o mar como fonte de inspiración. Cancións de todos os estilos musicais que sexa do gosto dos integrantes. Desde pop-rock, música popular daqui, do mundo… Cancións en calquer idioma que sexa aceptado polos integrantes podendo dar lugar a traducción cando conveña. Repertorio variado non suxeito exclusivamente a partitura; técnica, arranxos vocais múltiples, atención á expresividade corporal, á interpretación, aos xogos vocais … serán dinámicas a vivir xuntos cantando. Calquer canción é en principio óptima para ser arranxada a voces por Pierrot Rougier e guiada pola técnica e experiencia escénica da Pedreira. Esta idea de coro expansivo como as ondas, adicado ao Mar é única e orixinal pola matriz do seu nascimento, dous artistas que queren viver na sua comarca desde o que son e podem dar e aportar en transparencia á sua comunidade. Polo tanto, causalmente aunanse como esencia e recordo a imaxe dos festivais de cantos de mariñeiros que ten Bretagne (diferentes pobos bretóns tán “hermanados” com diferentes lugares da Mariña) e que ten Galiza nas suas tabernas e nas suas músicas portuarias, dando forma a un coro mariñeiro único desde o norte da Mariña, mar por medio.
A Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento apoia este encontro de voces desde o horizonte mariñao porque é unha forma de indagar no pequeno movemento para crear unha grande aprendizaxen invididual e social. Porque o Coro da Mariña propón unha forma de cantar coral libre na voz e no movimento corporal, porque a arte é saúde. Porque en pensamento e acción este proxecto é continuum da vida mesma dos artistas sem desenhos de despacho em nome da cultura como etimoloxicamente tiña significado : como o Cultivo. Porque sabense do que produz a conciencia no desenvolvimento comarcal, na convivéncia social a través da música, na posta en valor do patrimonio interrelacionandoo con outros dando cabida a interxeneracionalidade de forma natural.
A presentaión e primeira convocatoria de voces será o sábado 24 de outubro na Escola Vella de Rinlo (Concello de Ribadeo) ás 19.00 horas.
Os interesados e interesadas poden chamar ao teléfono 627 934 368.
Promove. O Cantal. Asociación de Veciños de Rinlo.
Colabora: Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento.