O condón, pequena porción de látex lixeiro, desenrrollable e lubricado, pasou a ocupar a categoría dun novo protagonista demonizado e proscrito por ser o causante de todas as penas do inferno. A súa utilización, señoras e señores, din os de mouro, é unha perversión moral.
Vendo as cifras demográficas dos últimos vinte e cinco anos no noso país, os intérpretes da vontade e o dogma divinos deben estar que saltan de alegría, porque a xulgar polo tamaño das mini familias actuais, cada vez debe haber menos pecadores que practican sexo.
Vese que antes, os nosos pais pasábanse o día pecando e por iso eramos familias numerosas das dun fillo cada ano, é dicir co bombo sempre ocupado e procreando fillos para o ceo e para a patria. Ata que eran cinco irmáns en cinco anos e os pais suscitáronse que non non iamos caber na casa e comezaron a comprar preservativos xunto a Enrique do Cantábrico, que os vendía de estrangis, cabalo mouro se decían, pero en inglés que anos máis tarde vendéseos alguna farmacia, outras os negaban açinda fai poucos anos, a Enrique do Cantábrico débeselle facer unha homenaxe pola súa anticipación á prevención sanitaria cando ninguén falaba diso, e por suposto pola súa achega ao pracer da xente da Terra de Viveiro.
De modo que mentres a sida avanza facendo estragos na raza humana e, sobre todo e como sempre, nos ámbitos máis míseros e necesitados do planeta, nas mulleres e nos nenos, as compañías farmacéuticas queren gañar moito diñeiro cos tratamentos e as vacunas. Ese mercantilismo denúnciano as onegés non os gardiáns da moral.
Pero o máis curioso é que o debate sobre o pracer carnal se superpón a calquera outra prioridade de razón humanitaria e saca das súas tumbas os ecos de voz daqueles vellos inquisidores de película que no Tribunal do Santo Oficio predicaban virtude para logo na intimidade mortificarse o corpo coa práctica de todo o elenco de pecados habidos e por haber.
Non estamos nas cavernas, somos xa un mundo maduro, formado e informado. Ata nos ámbitos máis pequenos das nosas vidas traballamos por obxectivos, iso quere dicir que sabemos ordenar a nosa actividade, o noso tempo e a nosa contorna para ir conseguindo aos poucos aquilo que nos propuxemos e que é o que queremos. O integrismo, sexa do credo que sexa, precisa para o seu arraigo e crecemento un caldo de cultivo de iñorancia, de alienación mental e ata de dominación física ou política. Afortunadamente ese sarampión xa o pasamos. Agora temos a mente flexible e o pensamento capaz de analizar, podemos comprender e comprendemos que dentro da liberdade persoal de cada cal ninguén poder meter a opinar e moito menos a impoñer. E só esa é a guía fundamental do noso respecto debido aos demais.
Otero Regal.