Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle a Reunión Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste

FPCP_BURELA_150928_015+Burela, 28 de setembro de 2015.- A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta Xornada Técnica, que se está celebrando no Hotel Nordés (Burela) este luns 28 e martes 29 de setembro, para reflexionar sobre temas de interese das flotas artesanales.

Na reunión participan representantes das Federacións de Confrarías do Cantábrico Noroeste: Gipuzkoa (Miren Garmendia, secretaria), Bizkaia (Iñaki Zabaleta, presidente), Cantabria (José Luís Bustillo, presidente, e Enrique Paz, secretario), Asturias (Dimas García, presidente, e Mª José Rico, secretaria), Lugo (José Basilio Otero, presidente, Javier Sánchez e Domingo Rei, vicepresidentes, e Sergio López, secretario), A Coruña (Daniel Formoso, presidente, e Jesús Longueira, asesor) e Pontevedra (José A. Gómez, presidente, e Javier Martínez, secretario), así como a Federación Galega de Confrarías (Tomás Fajardo, presidente).

A apertura da xornada correu a cargo do Secretario Xeral do Mar da Xunta de Galicia, Juan Carlos Maneiro, e nela estiveron presentes tamén Alfredo Llano García, Alcalde de Burela, e Pablo Fernández Asensio, Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar en Celeiro.

Exit mobile version