Site icon Crónica3.com A Mariña

As ED Lourenzá asinan un novo acordo do Toxiza Clube de Montaña

O novo Toxiza Clube de Montaña, que nacía fai moi pouco en Lourenzá especializado na alta montaña, colaborará coas Escolas Deportivas.

O pasado venres día 25 de setembro os presidentes de ambos clubs, Xavier Valoría e Pablo Maseda, asinaban o acordo de colaboración polo que o Clube Toxiza levará o nome das ED Lourenzá na equipación nas probas nas que participe; ademais de colaborar en eventos, cesión de espacios para xuntanzas, etc.

Esta colaboración súmase ós convenios que as Escolas manteñen en múltiples frontes e que fan que sexa un exemplo a seguir e a imitar: co Concello de Lourenzá para o traballo das Escolas Deportivas, co Ensino Lugo de basket, co Mondoñedo CF para a práctica do fútbol, co Atletismo Lourenzá para o running, co ED Lourenzá Ciclismo para o ciclismo, etc.

Exit mobile version