Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT do Concello de Burela impartirá 3 cursos de iniciación a Internet durante o mes de outubro

Burela, 28 de setembro de 2015. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela impartirá 3 cursos de iniciación a Internet.

A Aula CeMIT de Burela comezará a impartir tres cursos de Iniciación a internet na primeira quincena do mes de outubro. O primeiro iniciarase este xoves, 1 de outubro, e finalizará o 14 do mesmo mes. O horario será de luns a xoves de 18.30 a 20.00 horas.

O segundo comezará o 6 de outubro e rematará o 14. Será impartido de luns a venres en horario de 10.00 a 12.00 horas. Finalmente, o terceiro comezará a impartirse o 8 de outubro e finalizará o 21. O seu horario será de 16.00 a 17.30 de luns a xoves.

Os asistentes a calquera dos cursos de Iniciación a internet aprenderán a dar os seus primeiros pasos na internet a través do navegador Google Chrome.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es.

Exit mobile version