Site icon Crónica3.com A Mariña

A terceira edición da Escola de Minitalentos, un proxecto educativo pioneiro en Galicia, traballou no mes de xullo con 21 participantes

310715 Foto MinitalentosBurela, 31 de xullo de 2015.- A Escola de Minitalentos de Academia A Mariña comeza agosto con novos proxectos e participantes de moitos concellos da comarca. Durante o mes de xullo foron 21 os participantes cos que contou. O 2015 é o terceiro ano desta iniciativa.

Este proxecto educativo, pioneiro en Galicia, ofrece durante os meses de verán unha experiencia única na que desenrolar a creatividade, a imaxinación e o talento co fin de fomentar as capacidades e habilidades dos nenos e nenas. “Utilizamos metodoloxías exclusivas para estimular a aprendizaxe mediante o xogo, facilitándolles ferramentas para o seu propio desenrolo persoal”, explica a súa directora, Raquel Hermida.

A responsable do proxecto indica que unha das súas virtudes “é que os nenos e nenas participan de forma activa, xa que as actividades e obradoiros están deseñados para potenciar as diferentes intelixencias, espertando o interese en novos campos e descubrindo novas cousas. A Escola de Minitalentos pretende traballar con experiencias novas, contidos e fortalezas, fomentando a autoestima e motivación, ademais das súas capacidades e habilitades para que os cativos podan sempre contar con elas. O traballo en equipo é importante”. Raquel Hermida sinala que “aprendemos a traballar en equipos mentres realizamos proxectos de emprendemento. Traballamos o inxenio, a creatividade, a innovación o empredemento, a comunicación, a colaboración, a solidariedade ou o talento”.

A Escola de Minitalentos busca “orientar aos nenos e nenas para que saiban coñecerse mellor, saber o que valen, quererse como persoas e sobre todo, ser felices”. Os pais tamén teñen opción de beneficiarse do proxecto, xa que a Escola de Minitalentos “non é só un proxecto deseñado para nenos. Dámoslles aos pais e nais a posibilidade de poder comezar ás 09:00, ás 10:00 ou ás 11:00, aínda que a escola está aberta de 08:00 a 15:00 para favorecer a conciliación laboral. As reservas de prazas poden ser por semana por 25 euros ou ao mes por 100 euros”. Os interesados en reservar na Escola de Minitalentos poden chamar ao teléfono 982.582508 ou enviando un email a raquel@amarina.org

Exit mobile version