Site icon Crónica3.com A Mariña

“Pasapalabra Medioambiental” en Burela

20150610_100750_resized_1Burela, 10 de xuño de 2015.- Este mércores á mañá alumnos de 3º e 4º de Primaria do CEIP Virxe do Carme de Burela participaron no “Pasapalabra Medioambiental” organizado por Gaia, a aula medioambiental do Concello. Este xogo é unha réplica do concurso televisivo, pero cunha temática fixa: o medioambiente. Todos os termos están sacados do libro de texto de coñecemento do medio dos alumnos. As monitoras de Gaia explican que “serve como repaso dos contidos traballados ao longo curso e ademais fai fincapé en múltiples conductas respectuosas co medio ambiente. É sen dúbida unha maneira máis de achegar contidos medioambientais á escola”.

Exit mobile version