Burela, 10 de xuño de 2015.- Este mércores á mañá alumnos de 3º e 4º de Primaria do CEIP Virxe do Carme de Burela participaron no “Pasapalabra Medioambiental” organizado por Gaia, a aula medioambiental do Concello. Este xogo é unha réplica do concurso televisivo, pero cunha temática fixa: o medioambiente. Todos os termos están sacados do libro de texto de coñecemento do medio dos alumnos. As monitoras de Gaia explican que “serve como repaso dos contidos traballados ao longo curso e ademais fai fincapé en múltiples conductas respectuosas co medio ambiente. É sen dúbida unha maneira máis de achegar contidos medioambientais á escola”.
“Pasapalabra Medioambiental” en Burela
“Pasapalabra Medioambiental” en Burela
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo