Dende comezos de maio, máis dunha decena de centros de ensino da Mariña, e preto de 600 estudantes, tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o fútbol sala e as experiencias e anécdotas do CD Burela FS xunto a xogadores, xogadoras e adestradores dos equipos sénior, de Primeira División, así como do profesorado da escola laranxa. San Cibrao, San Miguel de Reinante, Xove, Mondoñedo, Nois, Alfoz, Ferreira do Valadouro, Covas, Barreiros, xunto a Foz e Burela por partida dobre, foron os destinos 2014-15 de Descubre o Fútbol Sala, estreado no mes de abril no CEIP Terra Chá de Vilalba.