Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas sobre o patrimonio marítimo e fluvial en Viveiro

victor-fdezO colectivo Pensamento e Sementeira inaugura o vindeiro sábado 16 en Viveiro unhas xornadas arredor do patrimonio marítimo e fluvial. Esta nova actividade dará comezo coa apertura da exposición “Embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo” que terá ás 19 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro. Coincidindo co acto de inauguración desta mostra, que permanecerá aberta até o día 30, o colectivo viveirés convidou a Víctor Fernández González, especialista en cultura marítima e fluvial , para falar sobre o noso patrimonio marítimo. Outro dos actos que se terán lugar dentro destas xornadas será unha tertulia con Fran Fra, o único carpinteiro de ribeira activo na nosa comarca.

Exit mobile version