O colectivo Pensamento e Sementeira inaugura o vindeiro sábado 16 en Viveiro unhas xornadas arredor do patrimonio marítimo e fluvial. Esta nova actividade dará comezo coa apertura da exposición “Embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo” que terá ás 19 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro. Coincidindo co acto de inauguración desta mostra, que permanecerá aberta até o día 30, o colectivo viveirés convidou a Víctor Fernández González, especialista en cultura marítima e fluvial , para falar sobre o noso patrimonio marítimo. Outro dos actos que se terán lugar dentro destas xornadas será unha tertulia con Fran Fra, o único carpinteiro de ribeira activo na nosa comarca.
Xornadas sobre o patrimonio marítimo e fluvial en Viveiro
Xornadas sobre o patrimonio marítimo e fluvial en Viveiro
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo