Site icon Crónica3.com A Mariña

Previa Terceira División: CD Burela FS B Pescados Rubén vs 5Sala Coruña FS

Burela, 8 de maio de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén B clausura a liga este sábado (18.00 h., horario unificado), coa visita do 5Coruña FS a Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube afrontan o último compromiso da competición dende unha meritoria décima praza, con 30 puntos.
 
“Estou moi satisfeito por ver como disfrutan os xogadores e pola súa actitude, por saír sempre a xogar, sen querer especular” recoñecía o técnico, Juanma Marrube, á fronte do conxunto laranxa na recta final da tempada. Respecto á valoración das dez xornadas nas que Juanma dirixiu ao equipo indicou que “Estou moi contento polo traballo e sacrificio dos xogadores, polas súas ganas de querer traballar e aprender sempre, incluso pola evolución no xogo, aínda que ás veces non nos acompañaran os resultados”.

Derbi mariñao.Na penúltima xornada as promesas laranxas caeron no feudo da Pizzería A Fuga Xove FS por 3-0 nun derbi mariñao no que os burelaos competiron ben ante o líder da categoría que con esta vitoria acaricia o título de Terceira División e, consecuentemente, o ascenso. 

Ficha técnica 
Pizzería A Fuga Xove FS: Ismael, Bruno, Manuel Jiménez (1), Bruno de Nois (1), Enrique, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Iván, Solloso, Antón Couto (1),  Iago
 
CD Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Daniel, Rubén, Alemán, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Aitor, Pancho, Rafa, Renato, Ángel, Javi Fajardo
 
Árbitros: Rivas Fouz // Naray Álvarez (Viveiro). Por Xove amarela a Manuel Jiménez e Antón Couto. Por Burela amarela a Renato e Hélder.

Exit mobile version