Site icon Crónica3.com A Mariña

Preocupación no CSI-F polo “secretismo” da reunión convocada pola presidenta de Alcoa España cos comités de empresa

San Cibrao, 27 de maio de 2015.- Rosa Garcia Piñeiro, presidenta de ALCOA – ESPAÑA convocou para este xoves as 13:00 horas aos comites de empresa de Avilés e San Cibrao para unha reunión informativa onde non quixeron detallar o motivo da reunión. Nas plantas de Avilesino e Coruña cunha produción ao 60%, estas convocatorias con tanto secretismo téñenos moi preocupados polas posibles consecuencias xa que ALCOA anunciou recentemente que recortaría a nivel mundial 500.000 toneladas de produción de aluminio e que eles poderían ser unha das sinaladas para pechar debido ao problema dos altos custos da enerxía eléctrica.

Sábese pola propia prensa, que ALCOA leva mais dun ano buscando comprador para os seus fabricas de produción de aluminio, a maiores de que o pasado nadal vendeu as plantas de Bilbao e Alicante que producian perfil e chapa de aluminio, tampouco sen esquecer a venda doutras dúas plantas (Noblejas e Sabiñanigo) que non tiveron moita sorte cos novos compradores pois corren o risco de peche.

Exit mobile version