A Pontenova 10 de maio de 2015.- Mensaxe clara e directa de Francisco Conde, José Manuel Balseiro e David Álvarez esta tarde nun mitin celebrado no restaurante pontenovés San Briz.
“A Pontenova necesita urxentemente un cambio de Goberno e so un Executivo popular lograría incorporar ao municipio no camiño da recuperación e do crecemento”.
Os populares, que ven en A Pontenova un gran potencial económico e turístico, lanzaron duras críticas á nula xestión de Darío Campos e alertaron da perigosidade que suporía seguir con este Goberno.
O popular Francisco Conde, lembrou que Galicia camiña na boa dirección gracias á magnífica labor feita polo PP e proba diso, dixo, vese no emprego e nos inversores, que volven a interesarse en apostar pola nosa terra.
Neste senso, afirmou que estas eleccións ofrecen a posiblidade de darlle A Pontenova o futuro que se merece e animou aos presentes a acudir as urnas o vindeiro 24 de maio e votar ao PP, como aposta polo comercio local, tecido empresarial e polo impulso das infraestruturas da vila.
Pola súa banda, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, manifestou que os oito anos de Goberno socialista caracterízanse pola falta de traballo, pasotismo e nula xestión de Darío Campos e insistiu en que de non producirse un cambio de Goberno en A Pontenova, a vila iría en declive e os veciños terían que soportar catro anos máis políticas de falta de prioridade nos gastos e cunha xestión caracterizada polos grandes erros que se ratifican nas débedas e que finalmente pagan pontenoveses.
O popular tamén fixo unha comparativa das políticas levadas a cabo pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Lugo en A Pontenova
“O Goberno de Núñez Feijoo investiu neste municipio, 10.540.644,74€ fronte aos 1.489.831.39€ do Organismo Provincial”- manifestou Balseiro, quen dixo que é aquí onde podemos ver claramente como gobernamos os populares e como gobernan os outros partidos políticos.
Pechou o mitin, o candidato á alcaldía, David Álvarez, lanzando duras críticas a forma de gobernar do socialista de Darío Campos. Insistiu en que un bo xestor faise e os seus feitos vense tempo despois: transparencia nas contas e no seu estado; algo que no se percibe na vila.
“Os veciños de A Pontenova non podedes sufrir catro anos máis este desgoberno”- manifestou o alcaldable, quen pediu o voto para cambiar esta situación actual e situar A Pontenova onde se merece.
Álvarez finalizou o mitin lanzando dous compromisos. Dixo que de ser elixido alcalde, no primeiro pleno municipal, baixará os impostos a tódolos veciños e axilizará os trámites para desbloquear as licenzas do polígono, para así activar a economía e xerar postos de traballo.