Trinta e dúas persoas de Barreiros e doutros puntos da Mariña luguesa participaron o sábado na peregrinación por etapas a Santiago de Compostela, a través do Camiño Norte, que organizou o Concello barreirense. Os asistentes realizaron o percorrido comprendido entre San Xusto e Mondoñedo. O concelleiro José Manuel Gómez Puente dixo que “facemos esta peregrinación a Compostela en nove etapas duns 20 quilómetros cada unha. Será os sábados. Desprazámonos en autocar ata o punto de saída da etapa, camiñamos e volvemos coller o autobús para retornar a Barreiros”.
