Site icon Crónica3.com A Mariña

Parafernalia electoral

Desde calquera confín do nosa franxa costeira deste norte galego óese, voz en grito, a chamada dos vendedores de mercado semanal, ¡que ma quitan das mans!. Apostados no outro mercadillo mercadillo, quéntanse as gargantas de tantos para ofrecer o seu produto volátil, agasallo dun día cada catro anos.

E hete aquí que, a modo de milagre, inúndanche con ofertas que onde había carestía agora hai saldos marabillosos a prezo dun simple papel rechencho de nomes que non os coñece nin o autor de tan esfameada lista. Non pode un menos que maravillarse ante este mercadillo de luces, cheo de falsos sorrisos, e resulta do todo misterioso, que aqueles que foron pisoteados nos seus dereitos, desinstalados dos seus salarios ou arruinados por uns impostos de luxo sexan agora encomiados polos seus sacrificios coma se tratásese dunha conduta voluntariamente aceptada polo pobo, diz que soberano.

Sen ningunha dúbida, á menor reflexión crítica, asalta a consideración primeira que non é outra que non son estes os mesmos de antes, os que se levaron os mellores avances deste pais, os mesmo que afirmaron que non a coñecería nin a nai que a pariu? Os ofertantes serán seres doutras galaxias?

Pois non, resulta que son fillos da Vía Láctea, desa mesma que proporciona leite sen fin, a que adormentase no pesebre dos favores, a que repudia, como bo can, comer carne de can, a que dicta o corpo a terra que veñen os nosos ou aquilo de que non hai peor cuña que a do mesmo pau.

Os hipnotizadores logran durmir ao pobo a través dos mil e un circos de gladiadores, de incontables novelas e de sanguentos cruces de murmuracions e falsos testemuñas. A entrada en escena de xuíces do divino e humano flagelados polos seus ataduras ao poder dos rexidores da cousa pública, danlle ao escenario ese tinte negro tan necesario no tanatorio da corrupción.

Xa dicía don Francisco de Quevedo que “ninguén ofrece tanto como o que non vai cumplir”. Parecese que unha cohíba borre os recordos de tantas promesas feitas tan só catro anos atrás.

Máis nos vale pensar a quen se lles pode confiar o goberno da cousa pública? Pois cegados aquí repitiria o de “Non todos son iguales” miren vostedes atentamente e caeran na conta que existen sensibles diferencias, en ideas, cartos, traballo e ata sonrrisas e facianas . Permítame, distinguido lector, o modesto pracer da indignación e que cada cal aposte polas pedras ou pola vida.

Otero Regal.

Exit mobile version