Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Foz piden ó equipo de goberno en funcións que publique un listado coas empresas adxudicatarias de contratacións directas nos últimos 4 anos

O PSdeG-PSOE de Foz, a través do seu candidato, Jaime Cancio, manifesta publicamente “a nosa desconformidade sobre as formas de contratación do Alcalde e o seu equipo de Goberno, actualmente en funcións, aplicando nas contratacións o procedemento de CONTRATACIÓN DIRECTA SEN PUBLICIDADE”.

“Estamos a falar do curso de socorrismo que se fixo no Concello de Foz. Para impartir o mesmo recorreuse ó sistema citado para o que se pide un presuposto a tres empresas que CASUALMENTE eran do mesmo dono que, á súa vez, é un destacado membro do Partido Popular de Foz”.

“Non entendemos por tanto esta maneira arcaica de gobernar o diñeiro público, que pode ter interpretacións de tráfico de influencias, con tantas casualidades e coincidencias nos donos das empresas que prestaron servizos os últimos catro años no Concello de Foz”.

En consecuencia, “para saír de dúbidas, e na honra ás boas formas de política de transparencia queremos pedirlle ó Partido Popular, representado por o Sr. Xan, e o seu Alcalde en funcións, que fagan público o listado de empresas adxudicatarias de contratacións directas de obras e servizos desde o Concello de Foz nos últimos catro anos e desta forma o pobo de Foz poderá coñecer se os membros da Executiva Local do Partido Popular recibiron trato de favor ou non nas contratacións directas”.

“Esperamos unha puntual, clara e transparente resposta; xa que os socialistas de Foz entendemos que o listado non será moito más alá dun folio”.

Exit mobile version