Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres 29, o Concello de Burela instalará unha mesa informativa nas inmediacións do Centro de Saúde con motivo do Día Mundial sen Tabaco

Burela, 27 de maio de 2015.- Con motivo da conmemoración do Día Mundial sen Tabaco, que se celebra o 31 de maio, a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello de Burela, instalará este venres, 29 de maio, unha mesa informativa.

Dende as 10:00 ata as 13:30 horas, a mesa estará situada nas inmediacións do Centro de Saúde da localidade, atendida por a psicóloga clínica Susana Fernández Pernas, quen informará sobre os efectos nocivos do tabaco e as estratexias terapéuticas para o abandono do consumo desta sustancia. Realizaranse tamén, a todas aquelas persoas interesadas, medicións do monóxido de carbono (CO) en aire expirado, e entregarase material informativo.
Neste ano 2015, a campaña da OMS (Organización Mundial da Saúde) é Día Mundial sen Tabaco 2015: Alto ao comercio ilícito de produtos de tabaco”.

A concelleira de Sanidade en funcións, Diana Durán, explica que “cada ano, o 31 de maio, a OMS e os seus asociados celebran o Día Mundial Sin Tabaco, co fin de destacar os riscos para a saúde asociados ao consumo de tabaco e promover a aplicación de políticas públicas eficaces para reducir ese consumo. E neste 2015 exhortan aos países a que colaboren para poñer fin ao comercio ilícito de produtos de tabaco. En moitos aspectos, o comercio ilícito de produtos de tabaco é un importante motivo de inquietude a escala mundial, en particular na que se refire á saúde, o dereito e a economía, a gobernanza e a corrupción”.

Exit mobile version