A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o candidato Jaime Cancio convocan a todos os veciños de CORDIDO a XUNTANZA VECIÑAL / MITIN o domingo 10 de maio ás 21.00 horas no LOCAL DA ESCOLA, con fin de explicar o “COMPROMISO CON OUTRA FORMA GOBERNAR incluído no Programa Electoral de cara as Eleccións Municipais do Concello de Foz”.
Por iso, veciño de CORDIDO, pedímosche que participes nesta xuntanza porque con nos TI DECIDES sobre o noso compromiso de limpeza, mantemento e reparación de pistas no medio rural, pistas forestais, depósitos para madeira, vixiar e facer cumprir as ordenanzas que regulan a extracción de madeira, mantemento dos servizos básicos. de esta forma poderás coñecer e aclarar todas as dúbidas que podas ter sobre o noso programa da man dos veciños que forman a lista dos socialistas de Foz.
FALARÁN:
ANA ROJO EIJO, veciña de Cangas
INES GARCÍA BALSEIRO de Foz
JAIME CANCIO RODRIGUEZ, candidato á alcaldía de Foz
“Os socialistas entendemos que participación veciñal e moi importante e necesaria porque é a mellor forma de que en CORDIDO , TI DECIDES, A FORMA DE GOBERNAR PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS”.